
Duende y misterio del flamenco
Edgar Neville, 1952
95'. 35mm. Entrada gratuita
Duende y misterio del flamenco
(España, 1952)
Dirección e guión: Edgar Neville. Fotografía: Heinrich Gärtner. Voz: Fernando Rey. Dur: 97'.
Documental ficcionado que percorre toda a tradición folclórica e musical do cante grande e o cante chico andaluz, estudando a súa influencia no resto de España. Edgar Neville bota man da escenificación desta disciplina para compor un documental sinxelo e profundo, moi atípico para os códigos estéticos do momento, sobre todo no contexto español.
Pon a voz en off Fernando Rey.