DOUS DE VINTETANTOS
Manu Mayo, 2009
76´. Vídeo. Presentación a cargo do seu director. Entrada gratuíta.
DOUS DE VINTETANTOS
(España, 2010)
Dirección e guión: Manu Mayo. Produción: Manu Mayo e TVG. Fotografía: Alfonso Parra. Duración: 76 minutos.
“O 25 de decembro de 2007 cambiou a miña vida e a miña forma de entender a mobilidade: ese día na A6, por unha obra mal sinalizada, miña muller embarazada e máis eu case temos unha saída de vía á altura de Begonte. [En Begonte morreron meus pais cando eu tiña 17 anos, nun sinistro de tráfico]. Ao día seguinte vimos na prensa esta foto mortal: Julia Vázquez Pajón e Carlos Manuel Prado Vázquez pasaron por aquela obra a mesma hora que nós, pero en dirección contraria. Esa foi a orixe dun traballo documental en primeira persoa sobre a sinistralidade viaria en Galicia” (Manu Mayo).