![Doentes Doentes](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2735.jpg?itok=J6HSnasz)
Doentes
Gustavo Balza, 2011
85'. Presentación. Entrada de balde.
DOENTES
(España, 2011)
Dirección: Gustavo Balza. Guión: Gustavo Balza e Roberto G. Méndez. Produción: Filmanova e ZircoZine Fotografía: Suso Bello. Intérpretes: Antonio Durán “Morris”, Xosé Manuel Olveira “Pico”. Duración: 85 minutos.
Adaptación dunha excelente peza teatral de Roberto Vidal Bolaño, unha viaxe á fin da noite que recrea excelentemente o Santiago de Compostela dos anos cincuenta, en plena ditadura franquista. A dramática historia de Valeriano e Cañete nunha adoecida carreira, entre outras cousas, por eliminar o réxime, dá lugar a un áxil relato de supervivencia, de magníficas interpretacións e inzado de connotacións históricas e políticas.
-
Pensando en cine / Pensando en Galicia
Doentes
Presentación e coloquio: Camilo Franco e Antón Reixa. Entrada gratis
-
Cineclube Valle-Inclán
Doentes
-