Filmoteca Júnior, Novas Miradas y CinEd
A Filmoteca de Galicia mantén unha programación regular de cine orientada á formación de novos públicos. Proxéctanse películas de diferentes épocas, autores e culturas co obxectivo de crear a oportunidade de que os máis novos poidan descubrir, sempre nas mellores condicións, a diversidade e a riqueza do cine.
A programación estrutúrase en dúas seccións:
- Filmoteca Júnior – pensada para público familiar ademais de alumnado de infantil e primaria de centros educativos.
- Novas miradas – diríxese ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
En ambos os programas colaboramos co proxecto europeo CinEd, unha colección de cine europeo para a infancia e a mocidade.
A Filmoteca de Galicia organiza varias formacións para docentes pensadas para proporcionárenlles ferramentas, recursos e materiais que lles permitan traballar co cine de modo transversal nas diferentes materias curriculares. Amais con cada película prepárase un caderno didáctico con propostas para traballar na aula.