
D. Jaime ou a Noite Portuguesa
Luis Noronha da Costa, 1974
62'. 16mm. Presentación Francisco Algarín
PROGRAMA 3
D. Jaime ou a Noite Portuguesa
Esta é unha das películas de Noronha da Costa en que o compoñente «ficcional» resulta máis visible. D. Jaime ou a Noite Portuguesa, coma o resto de películas de Noronha da Costa, forma parte dos gothic films (a obra de Terence Fisher foi unha das súas grandes influencias), e nela mostra as diferentes variacións arredor dos «corpos especulares», que evolucionan nunha maxia luminosa e nunha incandescencia sensual e sensorial. Simultaneamente, asistimos a unha serie de visións irónicas e eróticas, ou ben históricas, de virxes perversas e de sádicos irrisorios, resucitados todos eles do romanticismo alemán e británico, mentres os decorados non deixan de ser ben portugueses.
Asociación Lumière