Cuentos de Hungría
Marcell Jankovics, 1980.
60’. Versión castelá. Entrada gratuíta.
CUENTOS DE HUNGRÍA / MAGYAR NÉPMÉSEK
(Hungría, 1978-1980)
Dirección e guión: Marcell Jankovics. Produción: Pannónia Filmstúdió, MTV. Fotografía: Sandor Pólyák. Duración: 60 minutos.
Selección de curtametraxes producidas polo prestixioso estudio de animación Pannónia Filmstúdió e dirixidos por Marcell Jankovics, recoñecido director húngaro galardoado coa Palma de Ouro do festival de Cannes á mellor curtametraxe en 1977 por Fight e nomeado ao Óscar en 1976 por Sisyphus. Compilación de contos tradicionais que entroncan co folclore, costumes e tradicións orais de Hungría e que destacan pola súa narración imaxinativa e o seu particular grafismo. Recomendada a partir de 4 anos. Versión castelá.