Camping Wesertal+ On n'a pas fait l'amour+ Europa
Hugo Amoedo, 2013-2017
65'. HD. Presenta: H. Amoedo. Entrada gratuita
Hugo Amoedo: curtametraxes
Nacín en Galicia en 1987. Vivín en Madrid cinco anos, seis meses en Amsterdam, un en Barcelona e habito en Bruxelas dende hai máis dun lustro. Dende entón desenvolvo unha "Triloxía Belga", da que forman parte Camping Wesertal (2013), Europa (2017) e o meu novo proxecto Young Professionals. Polas noites traballo co científico arxentino Francisco Moser no noso laboratorio audiovisual Hugo Moser.
Hugo Amoedo
Camping Wesertal
(Bélxica, 2013)
Dirección: Hugo Amoedo. Fotografía: Juanita Rodríguez Onzaga. Montaxe: Irene Bartolomé Valenzuela. Dur: 29'.
Triloxía Belga #1: Valonia
En Camping Wesertal, Jacques Doum –un antigo comerciante de petróleo nos 80– e as persoas que instalaron as súas caravanas nesta terra, deben vivir e coexistir ao longo do ano. Camping Wesertal é un western-documental valón, nado como proxecto de máster na Luca School of Arts, Bruxelas.
On n'a pas fait l'amour
(Bélxica, 2014)
Dirixida e montada por Hugo Amoedo & Francisco Moser. Produción: Papier Machine & Hugo Moser. Son, imaxe: Hugo Amoedo. Dur: 8'.
On n'a pas fait l'amour é a primeira parte dun díptico titulado Papel Máquina, proxecto nado baixo os auspicios da revista Papier Machine. O filme formou parte do primeiro número, Papier Machine "Souffle".
Europa
(Bélxica, España, 2017)
Dirección e montaxe: Hugo Amoedo. Corrección de cor: Juanita R. Onzaga. Dur: 28'.
Triloxía Belga #2: Bruxelas
Recordo que Europa e eu non estabamos pasando polo mellor momento.