
BOTANDO POR FÓRA
Carmen Calvo, 2008
32´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
BOTANDO POR FÓRA (REGUEIFAS VERSUS RAP)
(España, 2008)
Dirección: Carmen Calvo. Produción: Xosé Marcote para Mr. Misto Films. Fotografía: Gutier Rolán. Duración: 32 minutos.
“Cando xurdiu a idea de facer un documental sobre As Regueifas na Coruña atopámonos con que case non existía documentación sobre o tema e os regueifeiros en activo estaban no mellor dos casos en Bergantiños. Entón decidimos retomar unha proposta sobre o Hip-Hop que quedara descartada. Quizais o Rap e a Regueifa teñan algo en común?” Mercedes Peón, Xurxo Souto e Pinto e Caruncho entre os participantes.