Blue Moses+ Fire of waters+ The stars are beautiful+ Caswallon trilogy+ Loud visual noises+ Kindering
Stan Brakhage, 1962-1987
65'. 16mm. Entrada gratuita
Programa con varias películas sonoras de Stan Brakhage, unha parte da súa produción tan escasa como pouco coñecida. De feito, estas son as únicas películas sonoras deste amplo período (se ben en 1987 aínda realizaría Faustfilm: An Opera Part 1, que se verá nun próximo programa). As tres primeiras están sonorizadas polo propio Brakhage. De Caswallon Trilogy só se sonorizou (por Joel Haertling, Architect's Office) o segmento Fireloop, película pintada a man. Loud Visual Noises é outra película pintada da que existen dúas versións, unha muda (1986) e estoutra cunha banda sonora compilada por Joel Haertling a partir de música de Die Todliche Doris, Zoviet France, Nurse With Wound ou The Hafler Trio, entre outros. A banda sonora de Kindering volve ser responsabilidade de Architect's Office (Joel Haertling, Douglas Stickler e Trevor Haertling).
Blue Moses (Stan Brakhage, 1962, 16mm, 11')
Fire of Waters (Stan Brakhage, 1965, 16mm, 10')
The Stars Are Beautiful (Stan Brakhage, 1974, 16mm, 19')
Caswallon Trilogy (Stan Brakhage, 1986, 16mm, 11')
Loud Visual Noises (Stan Brakhage, 1988, 16mm, 3', versión sonora)
Kindering (Stan Brakhage, 1987, 16mm, 3')