
Balaou
Gonçalo Tocha, 2007.
77'. Vídeo. Subt. el. castelán. Presentación a cargo de Rui Pereira e Gonçalo Tocha. Entrada de balde.
BALAOU
(Portugal, 2007)
Dirección, produción e fotografía: Gonçalo Tocha. Duración: 77 minutos.
“Hai agora sete meses que Blé, miña nai morreu. Estou en fronte do mar de San Miguel-Azores, a terra da familia distante. Encontro a tía avoa Maria do Rosário, 91 anos, á procura do seu momento para partir. Fálame de Deus e morte. Á súa volta, os bebés nacen. Durante o día nadamos no mar da illa, negro, volcánico. É aquí que encontro a Florence e a Beru, unha parella francesa que todos os anos cruza o Atlántico no Balaou, un barco de vela. Convídanme a continuar a viaxe con eles. Desfágome do billete de avión e fágome á alta mar. Dividido en tres momentos e oito leccións, Balaou é unha viaxe para aceptar o esquecemento das cousas” (Gonçalo Tocha).