18 comidas
Jorge Coira, 2010
107’. Presentación coa presenza do director. Entrada gratuíta.
18 COMIDAS
(España, 2010)
Dirección: Jorge Coira. Produción: Tic Tac Producciones SL, Zircocine, Lagarto Cine e TVG. Fotografía: Brand Ferro. Intérpretes: Luis Tosar, Pedro Alonso, Camilla Bossa. Duración: 107 minutos.
Mestre Mateo á mellor longametraxe. Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha masa consistente e esponxosa. Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade aos ingredientes para impregnarse do sabor dos outros. Meter no forno e esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas pero poderían selo. Aliñar a gusto con risas e bágoas e, finalmente, sírvese nunha boa mesa, para que, quen o desexe, poida degustar, durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas. Axeitada a conxunción do reparto, o manexo da coralidade e a sucesión de situacións formuladas.