
En el río
José Luis Borau, 1960
19'
EN EL RÍO
(España, 1960)
Dirección e guión: José Luis Borau. Produción: Francisco Lara. Fotografía: Armando González-Posada. Intérpretes: Wilfredo Casado, Marisa del Pozo, Manuel Galiana. Dur.: 19 min.
Curta de graduación sinalada no IIEC coa máxima cualificación. Un seminarista observa con certa avidez a presenza dunha parella estranxeira á beira dun río. A acción física e a observación poden co diálogo, presentando a vía que lle interesa ao seu autor como primeiro paso na busca dun estilo cheo de contención e propiamente visual.