Input 93
Del 22 de julio de 1993 al 23 de julio de 1993
Input -International Public Television Screening Conference- é un evento que reúne anualmente a televisións públicas de todo o mundo. Concebido como "canle de comunicación" entre os profesionais de emisoras públicas, Input acolle unha variopinta selección de programas especialmente anovadores, orixinais, polémicos e de alta cualidade. O visionado dos programas vai seguido de intensos debates entre os autores e os seus colegas, facendo de Input un auténtico foro de discusión e reflexión en torno á televisión pública, ó seu papel e ó seu futuro.
Durante dúas xornadas ofreceremos unha breve escolma de programas presentados na última edición de Input, celebrada en Bristol o pasado mes de xuño. Esta escolma irá complementada con algúns programas de producción galega. Visionados e debates. Aínda que aberto ó público en xeral, o programa vai especialmente dirixido ós profesionais da televisión e da producción independente en Galicia, co obxecto de intervir nos debates que sucedan ó visionado dos programas. Estarán connosco os coordinadores nacionais de Input en Gran Bretaña (Mike Fentiman) e España (Enrique Nicanor), asi como os productores Patrice Abrahams (BBC) e Joan Ubeda (TV3).

The man who loves Gary Lineker + Fe de vida

Objetos perdidos + Coitadiños + Os moradores da rúa Humboldt + filmes de animación croatas

To sell a war + Sans toi ni moi

A small dance

The 5 K Pursuit Opera + Lendas do mar

And the dish ran away with the spoon + Arquitectos + Un any a pagés

Travestir
