Hal Hartley
Del 5 de mayo de 1994 al 31 de mayo de 1994
As tres longametraxes dirixidas ata o momento por Hal Hartley, o penúltimo descubrimento do cine independente americano, poderanse ver este mes no CGAI. Nacido en 1959 en Long Island, Hal Hartley creceu nos suburbios de New York. Na Escola de Arte de Boston realizou as súas primeiras curtametraxes experimentais. En 1984 graduouse na escola de cine da State University de New York. En 1986 comezou traballar para Action Productions como productor e escritor. Desa colaboración xurdiu a súa primeira longametraxe, The Unbelievable Truth (1989). Posteriormente realizou outras dúas longametraxes, Trust (1990) e Simple Men (1992), así como varias curtametraxes.