
A comedia clásica portuguesa
Del 1 de diciembre de 1994 al 8 de diciembre de 1994
Sobre a comedia cinematográfica en Portugal
Non se pode dicir que o riso franco, riso franco, producto dun humor cultivado como liña temática, tivese unha presencia dominante ou constante no cine portugués naci-do na cidade de Porto cando, en 1896, un ano despois da presentación do espectáculo das imaxes en movemento, en París, polos irmáns Lumière, un comerciante de flores e home de diversos intereses culturais, Aurelio de Paz dos Reis, rodou o primeiro filme feito por portugueses en Portugal, Saída do Pessoal Operário da Camisaria Confiança, na Rúa de Santa Catarina, corazón do burgo portuense.
Na atribulada producción nacional que vai das orixes ata a chegada do sonoro, o xénero cómico aflorou a través dunha «experiencia digna de eloxio pero inxenua de filmes cómicos, inspirados dun modo groseiro pola persoa de Charlot», que culminou no filme Pratas Conquistador, de Emidio Ribeiro Pratas (1917) e que é considerado «a primeira cinta cómica portuguesa.»
O cine sonoro, ó pechar o período do mudo, abre perspectivas novas non só no campo da tecnoloxía, senón tamén no das mentalidades dunha xeración xove que, por esa época, chega ó cine portugués portadora de ideas aireadas, temas diferentes e métodos de traballo receptivos á evolución dos tempos.
Lisboa, Crónica Anedótica, de Leitão de Barros (1930), que virá ser o realizador do primeiro filme sonoro portugués, A Severa, (1931), aínda que clasifi-cado como comedia, é tamén unha visión «dunha cidade sen saída, presa das súas propias manas e 'armadilhas' , que nunca mdis deixaria de insinuarse, en filigrana ou como nota dominante, en case tódolos filmes (comedias ou dramas) que tiveran Lisboa como escenario dominante». Lisboa, Crónica Anedótica ten, pois, o mérito de abrir camiño a unha das vetas máis prolíficas e de maior aceptación: a comedia cinematográfica de lema urbano.
En efecto, os filmes que seguirán, comezando con A canção de Lisboa, de Cottinelli Telmo (1933), durante a década dos 20 e parte da dos 40, constitúen un momento importante do cine feito en Portugal que suscitou -e continúa suscitando aínda hoxe- unha adhesión entusiástica dos diferentes extractos do público que viu nestes filmes unha recreación posible, xenuína, da esencia do ser humano portugués, máis propiamente do lisboeta, representado por unha gama de rexistros sentimentais e emocionais que lle lexitiman a humanidade e a cultura que o caracterizan.
Os filmes que constitúen este xénero chamado de Comédia Portuguesa, ou á Portuguesa, de características urbanas, forman, ademais diso, unha corrente temática en que se glosan os aspectos dun humor malicioso, ladino pero cunha punta de leve melancolía, tan lusitana, que establece a ponte de paso das situacións de enredo para as de desenredo, sempre cun sorriso apertado, un remoque disposto a funcionar como arma tanto de defensa como de ataque. (...) Outra das razóns do éxito destes filmes, dos que o C.G.A.l. e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da súa Aula de Cine, decidiron amosar un conxunto de exemplos significativos, é o alto grao de comunicabilidade con que se achegan ó público para conquistalo de imediato, non só na época en que foron realizados, senón despois, xeración tras xeración, ata hoxe, o que se debe en gran parte ó excelente grupo de actores que soubo crear personaxes vivos, verosímiles, coa naturalidade dun xogo interpretativo que recusaba a afecta-ción, ou a pose; antes procuraba e conseguía exprimir a verdade real (ou do real) a través da verdade do humor, que era tamén unha verdade poética, o que constituíu unha simbiose feliz que non volveu repetirse no cine portugués. (...) Desaparecidas as condicións en que este xénero de filmes se xeraron e desenvolveron, esgotouse o filón que alimentou este momento único da nosa cinematografía. O cine portugués segue hoxe outras coordenadas que, aínda que premiadas e recoñecidas internacionalmente, máis do que no propio país, non están moi dispostas ó riso franco e aberto como forma de poñer ó nu os costumes colectivos, sexa para identificalos mellor, ou para castigalos.
O público portugués actual, que non demostra gran entusiasmo polo seu cine contemporáneo, continúa, polo contrario, identificándose coas figuras e as situacións ridículas, burlescas, inxenuas, picarescas, hilarantes dos filmes cómi-cos dos anos trinta e corenta que, a través das videocassettes, se continúa vendo e volvendo ver co agrado que o estrondoso éxito das vendas, na orde de moitos milóns, vén indiscutiblemente comprobar.
José Coutinho e Castro (no catálogo A comedia clásica portuguesa. CGAI-Universidade de Santiago, 1994)

Lisboa, Crónica Anedótica

A Canção de Lisboa

Aldeia da Roupa Branca

O Pai Tirano
