Pastor Vega
Del 10 de febrero de 1995 al 17 de febrero de 1995
Pastor Vega naceu en La Habana en 1940. Os seus primeiros traballos no mundo do cine datan dos anos 60, década na que realizou numerosas curtametraxes documentais para o ICAIC. De feito, a súa primeira longametraxe, xa en 1972, foi un novo documental, Viva la República. Con posterioridade realizou novos traballos documentais de curta duración para en 1979 situarse no primeiro plano do cine cubano coa súa longametraxe de ficción Retrato de Teresa. Desde entón, Pastor Vega puido manter unha certa continuidade na súa carreira, o que lle permitiu rematar catro novas películas, a última delas, Vidas paralelas (1992).
A retrospectica que agora presenta o CGAl, en colaboración co ICAIC e a Filmoteca da Generalitat Valenciana, está integrada por tres curtametraxes documentais e seis longametraxes de ficción. Tanto o propio Pastor Vega como a protagonista de boa parte das súas películas, Daisy Granados, presentarán o ciclo os días 10 e 11.