Homenaxes AEHC: Francisco Canet
Del 5 de octubre de 2001 al 11 de octubre de 2001
Concedidas por primeira vez en 1997, as Medallas de Honor da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHG) créanse para resalta-las aportacións ó desenvolvemento do cine español por parte de relevantes profesionais que corren o risco de quedar esquecidos polo paso dos anos. No seu Congreso celebrado en 1999 en Ourense, a AEHC decidiu outorgar estas Medallas a profesionais alleos á dirección cinematográfica.
Este foi o caso de Francisco Canet Cubel (Valencia, 1910), un dos decoradores maís importantes da historia do cine español, así como un dos fundadores da productora UNINCI. Xunto a unha selección de catro dos seus traballos máis representativos, o venres 5 de outubro terá lugar unha táboa redonda en torno á súa obra na que participarán o presidente da AEHC, Julio Pérez Perucha, e os socios galegos da mesma José María Paz Gago, da Universidade da Coruña, e Isabel Sempere, da Universidade de Santiago de Compostela.
Simultaneamente presentaranse as actas do Congreso de Ourense, coordinadas por Pilar Couto e Luis Fernández Colorado e publicadas no n° 9 dos Cuadernos de la Academia baixo o título "La herida de las sombras. El cine español en los años 40". Esta homenaxe continúa as colaboracións coa AEHC que xa se iniciaran coa adicada a José María Nunes no pasado mes de xuño.
En colaboración con: Asociación Española de Historiadores del Cine, Filmoteca Española.