Lars von Trier
Del 13 de febrero de 2002 al 4 de mayo de 2002
Retrospectiva do cineasta danés Lars von Trier (Copenhague, 1956), un dos creadores máis singulares do cine contemporáneo e "pai" do movemento Dogma. Ademais da totalidade das súas longametraxes, entre as que se inclúe a única inédita comercialmente en España, Epidemic (1987), o ciclo presentará tamén a practica totalidade das súas curtas e mediometraxes, así como os seus traballos para televisión: as dúas partes da serie O reino (1994 e 1997), que marcan un punto de inflexión estético na súa obra, e a filmación de Medea (1987), un guión inédito do mestre do cine danés Carl Theodor Dreyer. Entre medias, El elemento del crimen, Europa, Rompiendo las olas, a acta fundacional do Dogma con Los idiotas, ata chegar á Palma de Ouro en Cannes con Bailar en la oscuridad, toda unha serie de películas que conforman unha das carreiras máis soprendentes, coerentes e exitosas dentro do territorio do chamado cine de autor europeo. O ciclo comprende a edición dun monográfico da revista Nosferatu.
En colaboración: Donostia Kultura, Filmoteca Vasca. IVAC-La Filmoteca e Danish Film Institute