Entre o río e o mar
- 16 minutos
Dejándose llevar por la corriente del río Eume, allí donde se confunde con las aguas del mar, esta pieza se demora en conversaciones con los marineros del puerto y el singular paisaje de la desembocadura a su paso por Pontedeume.
Vidas Mariñeiras
O programa «Vidas mariñeiras», coordinado polo Grupo de Acción Local Pesqueira Ártabro Norte, promoveu no outono de 2017 unha serie de actividades formativas no eido audiovisual destinadas ao alumnado da ESO e Bacharelato dos centros de ensino dos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.
«Vidas mariñeiras» é un programa pedagóxico (apoiado e referenciado no traballo pioneiro desenvolto en Galicia por, entre outros, Cinema en curso) que ofrece ao alumnado de secundaria e bacharelato unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais enfocada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa do Golfo Ártabro Norte.
Durante o mes de setembro realizouse un concurso de ideas a través do que foron seleccionados 3 proxectos que serían os beneficiarios desta formación e acompañamento. Como resultado deste proceso producíronse 3 curtametraxes realizadas polo alumnado do CPI A Xunqueira (Fene), CPI As Mirandas (Ares) e o IES Breamo (Pontedeume) que foron presentadas oficialmente nos Cines Duplex de Ferrol o 21 de decembro de 2017.
O programa contou cos docentes e cineastas Marcos Flórez e Xacio Baño baixo a coordinación do Laboratorio NUMAX.