SESIÓN 2
VV.AA, 2016
78'. DCP. Subt. Castellano
Charear-me-ia Morrer Tão Joveeeeem...
(Portugal, 2016)
Filipe Abranches / Animación / Cor / 16’.
Ti, pobre soldadiño, vas alegre para a guerra, sen saber que xa levas o pétalo vermello que marca os que irán nela perecer. Ela é a morte amarela mostaza que te fará sufocar nunha trincheira lamacenta e fedorenta, non sen antes te presentar algúns feridos que xa partiron e alí te esperan nos campos da desolación.
Noite Sem Distância
(Portugal, España, 2015)
Lois Patiño / HD / Cor / 24’.
Un instante na memoria da paisaxe: o contrabando que, durante séculos, cruzou a raia entre Portugal e Galicia. A Serra do Gerês non coñece fronteiras, e as rochas pasan dun país a outro con insolencia. Os contrabandistas tamén desobedecen esa separación. As rochas, o río, as árbores: testemuños silandeiros, axúdannos a agochar. Eles só deben agardar á noite para atravesar a distancia que os separa.
Estilhaços
(Portugal, 2016)
José Miguel Ribeiro / Animación / Cor / 18'
Este é un filme sobre a forma en que a guerra se instala no corpo das persoas que a viven cara a cara. E, despois, a millares de quilómetros e decenas de anos pasados, contamina, coma un virus, outros seres humanos.
Cidade Pequena
(Portugal, 2016)
Diogo Costa Amarante / HD / Cor / 19’.
Un día, Frederico aprende na escola que as persoas teñen cabeza, tronco e membros, e que se o corazón para de bater, as persoas morren. Esa noite, el non dorme. Esperta a nai varias veces de madrugada e dille que lle doe o peito.