Gadkiy utyonok / El patito feo
Garri Bardin, 2010
75'. DCP. Subt. Castelán*. Entrada de balde. (+6 anos)
Gadkiy utyonok / El patito feo
(Rusia, 2010)
Dirección: Garri Bardin. Guión: Garri Bardin (baseado no relato de Hans Christian Andersen). Dur: 75'.
Nunha granxa chea de gansos, galos, galiñas e parrulos aparece un ovo estraño do que ha nacer unha criatura que será a burla de todo o curral por mor das súas diferenzas.
Conmovedora adaptación do conto de Andersen, El patito feo é un musical realizado polo mestre da animación rusa, Garri Bardin, con música de Tchaikovski interpretada pola Orquestra Filarmónica Nacional de Rusia baixo a batuta de Vladimir Spivakov. A animación, suprema, está feita con varias técnicas en plastilina e con monicreques de plumas de complicada elaboración. El patito feo estreouse no 63º Festival de Cinema de Locarno e en palabras de Garri Bardin “esta película é unha continuación do tema desenvolvido no meu Adagio… ao noso lado vive outra xente que non se parece a nós, mais outrosí, coma nós, sente frío, fame, dor”.
*A partir dos 6 anos.
Versión orixinal con subtítulos en castelán.