As andanzas da pequena toupa
Zdenêk Miler, 1968-1975.
48'. Vídeo. Entrada de balde.
AS ANDANZAS DA PEQUENA TOUPA / KRTECEK
(Checoslovaquia, 1968-1975)
Dirección e guión: Zdenêk Miller. Produción: Kratky Films Praha. Duración: 48 minutos.
Escolma de curtametraxes cheas de enxeño e creatividade que contan as diferentes andanzas dunha simpática toupiña. Auténtico fenómeno no seu momento, deu lugar a unha longametraxe e máis de 50 episodios. Esta sesión inclúe estes traballos: A pequena toupa e a estrela verde (1968), A pequena toupa e a música (1974), A pequena toupa no zoo (1969), A pequena toupa e o transistor (1968), A pequena toupa pintora (1972) e A pequena toupa fotógrafa (1975). Para cativos a partir de 3 anos.