Vimukthi Jayasundara
Del 1 de mayo de 2010 al 31 de mayo de 2010
Pequeno foco dedicado a un novo autor asiático, Vimukthi Jayasundara (Sri Lanka, 1977). Jayasundara estudou no Institute for Film and televisión de Pune na India e foi crítico cinematográfico antes de realizar un par de longametraxes que chamaron a atención da crítica e os grandes festivais mundiais. En 2001 dirixe o documental The land of silence, que xa participa en certames como Marsella, Róterdan ou Berlín. Logo da curta Empty of love (2002), dirixe The forsaken land (2005), coa que gaña a Cámara de Ouro en Cannes como mellor opera prima. Presente en Venecia, Toronto ou Xixón, a misteriosa e evocadora Between two worlds (2009) é a súa segunda longametraxe.
Agradecementos: Marion Klotz, Memento Films (Francia).

THE FORSAKEN LAND
THE LAND OF SILENCE

EMPTY FOR LOVE
