Contos de Marineda. A Coruña e o cine (e VI)
Del 1 de diciembre de 2008 al 31 de diciembre de 2008
En colaboración co Concello da Coruña.
Finaliza este ciclo celebrado durante a primavera e o outono deste ano con motivo do 800 aniversario da cidade con varias proxeccións engadidas. A primeira sesión ofrece un creativo traballo de José Manuel Mouriño que homenaxea a Torre de Hércules e unha das curtametraxes galegas emblemáticas da transición, dirixida e producida respectivamente polos coruñeses Antonio F. Simón e Víctor Ruppén. O ciclo remata co achádego d’El andamio (1958), película rodada na cidade, dirixida por Rogelio Amigo e producida polos irmáns Docampo, da que presentamos copia restaurada do orixinal en 16 mm., proceso realizado polo CGAI. A proxección irá acompañada da estrea dun documental que desentraña as claves e elementos de pervivencia do título do que é o seu 50 aniversario.
Agradecementos: José Manuel Mouriño, Víctor Ruppén, Rogelio Amigo, José María Pujalte, Antonio Docampo, Carlos Docampo, Ana Domínguez, Ángel Rueda, Fernando Pujalte.
![36 VISTAS DE LA TORRE DE HÉRCULES 36 VISTAS DE LA TORRE DE HÉRCULES](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1465.jpg?itok=kHMsG05u)
36 VISTAS DE LA TORRE DE HÉRCULES
![FENDETESTAS FENDETESTAS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1466.jpg?itok=qsiYCdSL)
FENDETESTAS
![EL ANDAMIO EL ANDAMIO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1467.jpg?itok=pkV7bwUU)
EL ANDAMIO
![50 AÑOS EN EL ANDAMIO 50 AÑOS EN EL ANDAMIO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1468.jpg?itok=L8l9reP_)