Carlos Reygadas
Del 1 de junio de 2008 al 30 de junio de 2008
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón.
Carlos Reygadas (Cidade de México, 1971), autor dunha breve filmografía, composta por tres longametraxes e tres curtas, dono dunha mirada propia, perturbadora, sobria, precisa, que parece invocar grandes nomes (o mesmo Tarkovski, Kieslowski, Buñuel, Bresson ou Dreyer) é un dos cineastas máis recoñecidos do cinema contemporáneo. Introspección, simbolismo, realismo puro e descarnado, creación de espazos silenciosos a modo de paisaxes mentais, atopámonos cunha obra en permanente evolución da que poderemos ver as súas tres pezas longas. O ciclo vén acompañado do libro “Claves para tres miradas (Pawel Pawlikowski, Danielle Arbid, Carlos Reygadas)” que o CGAI coeditou xunto ao Festival Internacional de Cine de Gijón.