Sesión curtametraxes
Buster Keaton e Eddie Cline, 1920-1923
86'. DCP: Subt.castelán
Sesión curtametraxes
(Estados Unidos, 1920-1923)
Dirección e guión: Buster Keaton e Eddie Cline. Produción: Comique Film Coorp. (as tres primeiras curtas) e Buster Keaton Productions (a cuarta). Fotografía: Elgin Lessley. Intérpretes: Buster Keaton. Duración: 86 minutos.
Recompilación de catro curtas dirixidas (con Eddie Cline), escritas e interpretadas por Buster Keaton: The High Sign / El guardaespaldas (1920), The Boat / La barca (1921), Cops / La mudanza (1922) e The Balloonatic / El aeronauta (1923). A primeira, historia do gardacostas dun millonario, representa o comezo da súa traxectoria como director/intérprete e está inzada de gags brillantes. A segunda peza, unha travesía en barca, atinxe momentos de máxica xenialidade e sentido do cómico. A terceira, un dos traballos máis gabados de Keaton, e a cuarta, presidida polo enxeño e as situacións límite, completan esta exultante sesión.