O Gebo e a Sombra
Manoel de Oliveira, 2012
121'. DCP. Subt. galego.
O GEBO E A SOMBRA
(Portugal-Francia, 2012)
Dirección e guión: Manoel de Oliveira, sobre a peza teatral de Raul Brandão. Produción: MACT Productions, O Som e a Fúria, CNC, Canal+, Ciné+, ICA, RTP e Région Île-de-France. Fotografía: Renato Berta. Intérpretes: Michael Lonsdale, Claudia Cardinale, Jeanne Moreau, Leonor Silveira. Duración: 93 minutos.
Oliveira adapta –e traslada a Francia- unha peza teatral desesperada, a asinada por Raul Brandão en 1923, un dos seus autores de cabeceira, próxima ao Beckett de Esperando a Godot. Gebo é un honrado contable que vive coa muller e a nora na espera dun fillo que desapareceu anos atrás. O fillo ausente, criatura de Dostoievski ou Nietzsche, alén de toda moral, devén en pensador e criminal. A súa reaparición, preludio da traxedia, destapa todos os conflitos e paradoxos enquistados no fogar e na mente de Gebo e a contorna. Un filme sobre a pobreza (actual), conto de terror ou cantar de xesta á inversa, de impecable coidado formal, xogo envolvente e xenial precisión plástica, revestido dun esplendoroso reparto.