Redemption
Miguel Gomes, 2013
27'. DCP. Subt. galego.
REDEMPTION
(Portugal-Francia-Alemaña-Italia, 2013)
Dirección: Miguel Gomes. Guión: Mariana Ricardo e Miguel Gomes. Produción: O Som e a Fúria, Le Fresnoy, Komplizen Films e Okta Film. Duración: 27 minutos.
Un filme construído con metraxe atopada e dividido en catro partes. Catro cartas imaxinadas dalgúns personaxes cruciais na Historia actual de Europa: un neno que, nos anos 70, escribe unha carta desde as colonias portuguesas en África; na Francia de 2011, un home que fala a un acabado de nacer cunha franqueza que desarma; un home que lembra o seu primeiro amor, hai tempo, en Milán; unha muller a piques de casar no Leizpig de 1977, obsesionada por unha sinfonía de Wagner.