A zona
Sandro Aguilar, 2008.
99'. Subt. castelán.
A ZONA
(Portugal, 2008)
Dirección e guión: Sandro Aguilar. Produción: O Som e a Fúria. Fotografía: Paulo Ares. Intérpretes: Isabel Abreu, António Pedroso. Duración: 99 minutos.
Un home que vai despedirse do seu pai moribundo coñece no hospital á supervivente dun accidente, soa e cun bebé logo de ver morrer o seu compañeiro. Saben que se viron antes, pero non onde, nin cando, nin como. Un encontro nunha “zona” que podería ser o limbo; o acceso a outra dimensión ou o espazo entre a vida e a morte conforme a ollada sensorial, hipnótica e fragmentaria de Aguilar (tamén o cabeza de O Som e a Fúria, produtora clave do recente cinema portugués), entre o Marienbad de Resnais e a realidade desfigurada de Lynch.