Amor
Slawomir Fabicki, 2012.
105'. Vídeo. Subt. castelán.
MIŁOŚĆ / AMOR
(Polonia, 2012)
Dirección: Slawomir Fabicki. Guión: Marek Pruchniewski e Slawomir Fabicki. Produción: Odeon Rybarczyk Productions. Fotografía: Piotr Szczepanski. Intérpretes: Marcin Dorocinski, Julia Kijowska. Duración: 105 minutos.
A historia da relación complicada dunha parella preto dos trinta, aos que aparentemente non lles falta nada para ser felices. María conseguiu éxito laboral e a Tomek non lle vai mal no traballo. Están amoblando a casa e esperando un neno. Semella que nada pode destruír a súa relación. Porén, María oculta un feito terrible. O amor vaise ver sometido a unha proba moi dura.