Ostatnie Pietro
Tadeusz Król, 2013.
84'. Vídeo. Subt. castelán.
OSTATNIE PIĘTRO
(Polonia, 2013)
Dirección e guión: Tadeusz Król. Produción: Alvernia Studios. Fotografía: Tomasz Augustynek. Intérpretes: Barbara Gartska, Jacek Beler. Duración: 84 minutos.
Thriller psicolóxico con trama localizada nunha pequena vila polaca. Tamén baseada en feitos reais, o protagonista é un capitán do exército polaco. Casado, con tres fillos, aparece entrañable e apegado á súa familia. Porén, unha serie de coincidencias estrañas, interpretacións e perigos reais vano conducir ao límite do esgotamento psíquico. Curiosa simbiose de xéneros, un thriller duro que esperta terror e pasa á vez pola comedia lixeira e polo cine de acción.