Rosita
Jan Kidawa-Blonski, 2010.
118'. Vídeo. Subt. castelán.
ROŻYCZKA / ROSITA
(Polonia, 2010)
Dirección: Jan Kidawa-Blonski. Guión: Maciej Karpinski e Jan Kidawa-Blonski. Produción: WFDiF, Monolith Films, Telekomunikacja Polska e o apoio do Polski Instytut Sztuki Filmowej. Fotografía: Piotr Wojtowicz. Intérpretes: Andrzej Seweryn, Magdalena Boczarska. Duración: 118 minutos.
Varsovia, 1967. O literato Rożek é un axente comunista que convence a súa moza e bonita amante, Kamila, para que vixíe o subversivo escritor Warczewski. Ela inicia un idilio en que o escritor a achega ao mundo da literatura ao tempo que vai nacendo o amor entre eles. Cando Rożek sente que a está perdendo, ameaza os dous e desvélalle a Warczewski que Kamila traballa para os servizos secretos. Baseada en feitos reais, é unha exposición melodramática de como axentes gobernamentais se infiltraban e informaban sobre grupos de artistas. Premiada no Festival de Moscova.