Melancolía
Lars von Trier, 2011
136’. Subt. Castelán.
MELANCHOLIA / MELANCOLÍA
(Dinamarca-Alemaña-Suecia-Francia, 2011)
Dirección e guión: Lars von Trier. Produción: Zentropa Entertainments, Memfis Film, Slot Machine, Zentropa International Köln, BIM Distribuzione, Eurimages, Trollhättan Film AB e Arte France Cinéma. Fotografía: Manuel Alberto Claro. Intérpretes: Kirsten Dunst, Charlotte Gainsbourg, Kiefer Sutherland. Duración: 136 minutos. Justine e Michael celebran unha voda custosa na casa da irmá dela. Coincidindo con este feito, o planeta Melancolía diríxese cara á Terra. Un filme de ciencia ficción que liga o sentimento da melancolía cun ideal romántico cuxas orixes artísticas remiten ao século XIX. Segue a irreverente carreira de Lars von Trier, para a ocasión cun reparto de luxo, onde se inclúen John Hurt, Stellan Skarsgard, Udo Kier e Charlotte Rampling. Premio á mellor actriz en Cannes.