El último perro
Lucas Demare, 1956
95'. Presentación. Entrada de balde.
EL ÚLTIMO PERRO
(Arxentina, 1956)
Dirección: Lucas Demare. Duración: 95 minutos.
Filme que marca dalgún xeito a fin desta Idade de Ouro que abrangue os anos 30 aos 50, con Arxentina como potencia do cine en Latinoamérica. Película do oeste da pampa, épica do novo mundo en Ferraniacolor, sistema de película de cor italiana que transcorre durante a segunda metade do século XIX. Como di a liña argumental que corre de man en man, “El último perro non ten un único protagonista senón moitos e anónimos, heroes sen fama nin nome porque “tamén é patria o que non ten estatua”, como se afirma no epílogo”.