Nana
Valérie Massadian, 2011.
68'. DCP. Subt. Castelán.
NANA
(Francia, 2011)
Dirección e guión: Valérie Massadian. Produción: Sophie Erbs para Gaïjin. Fotografía: Leo Hinstin e Valérie Massadian. Intérpretes: Kelyna Lecomte, Alain Sabras. Duración: 68 minutos.
Nana é unha nena de catro anos que vive coa nai nunha casa no bosque. Unha tarde, cando volve do colexio, descobre a soidade do seu fogar. Terá que desenvolverse soa, explorando a súa temperá liberdade en canto se apropia do seu mundo. Un conto máxico e cruel premiado en Locarno e Valdivia.