Mapa
Elías León Siminiani, 2012.
85'. DCP.
MAPA
(España, 2012)
Dirección, guión e fotografía: Elías León Siminiani. Produción: Avalon P.C. e Pantalla Partida. Duración: 85 minutos.
Un mozo director español é despedido do seu traballo en televisión ao tempo que é abandonado pola súa parella. Retomando o seu soño de facer cine, viaxa á India na procura de algo ou quizais fuxindo de obrigas e pesares. Cando volta á casa, as cousas non saen exactamente como esperara. Road-movie, diario, documental, historia de amor, retrato xeracional, un dos filmes españois con máis recoñecementos no último outono (premios en Sevilla ou REC de Tarragona), dirixido por Elías León Siminiani (Santander, 1971), a súa primeira longametraxe tras unha longa e variada traxectoria audiovisual.