
Palacios de pena
Gabriel Abrantes e Daniel Schmidt, 2011
55'. Cine. Subt. el. castelán.
PALACIOS DE PENA
(Portugal, 2011)
Dirección e guión: Gabriel Abrantes e Daniel Schmidt. Produción: A Mutual Respect. Fotografía: Eberhard Schedl, Natxo Checa. Intérpretes: Alcina Abrantes, Ana Rita Franco. Duración: 55 minutos.
Asombradas polas súas vidas sen rumbo, dúas mozas reencóntranse cando visitan á súa avoa doente. No medio das súas fantasías cun pasado medieval - consumido polo medo e polo desexo - as dúas raparigas sofren unha transformación e enfróntanse a un legado de opresión. "O amor é, ao final, un cruzamento de pernas, unha unión de barrigas, un breve tremor de arterias, unha confusión de bocas, unha batalla de veas, un enrolarse de coxas, quen dixer o contrario é unha besta." Gregório de Matos (século XVII). Participante en Venecia e na Viennale.