La lección Fausto
Jan Švankmajer, 1994
90’. Subt. galego.
LEKCE FAUST / LA LECCIÓN FAUSTO
(República Checa-Francia-Reino Unido, 1994)
Dirección e guión: Jan Švankmajer, sobre as obras de Goethe, Grabbe e Christopher Marlowe. Produción: Athanor, BBC, CNC, Heart of Europe Prague Productions, Kominsk, Lumen Films, Pandora Cinema. Fotografía: Svatopluk Malý. Intérpretes: Petr Cepek, Jan Kraus. Duración: 90 min.
Premio especial do Xurado en Karlovy Vary 1994. “Fausto é, na miña opinión, unha das situacións morfolóxicas fundamentais tanto do individuo coma da comunidade. Todo home se encontra algún día perante un dilema: vivir a súa vida conforme a vaga promesa dunha felicidade institucional, ou ben sublevarse e tomar un camiño a contracorrente da civilización, isto sen ter en conta as consecuencias. Esta segunda opción desemboca sempre nunha caída individual; a primeira, nunha caída da humanidade como tal. Mais, é, se cadra, o contrario? Porén, esta ambigüidade non minimiza o tráxico do destino humano” (Jan Švankmajer).