
Mientras Nueva York duerme
Fritz Lang, 1956.
100’. Subt. Castelán.
WHILE THE CITY SLEEPS / MIENTRAS NUEVA YORK DUERME
(Estados Unidos, 1956)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Casey Robinson, sobre a novela The bloody spur de Charles Einstein. Produción: Thor Productions Inc. Fotografía: Ernest Laszlo. Intérpretes: Dana Andrews, Rhonda Fleming, George Sanders. Duración: 100 minutos.
A penúltima película de Lang nos Estados Unidos é un relato negro e desapiadado que desenvolve unha premisa excelente: despois da morte do director dun xornal, o seu fillo ofrécelle o posto vacante a aquel dos tres candidatos que descubra un asasino de mulleres que ten asustada á cidade. Filme coral cun magnífico elenco –entre os secundarios Vincent Price, Thomas Mitchell e Ida Lupino-. “Lang exprésase con maior liberdade mediante historias estrambóticas que intenta mellorar, non no sentido de afinar as psicoloxías nin a verosimilitude senón de deformalas de acordo coas súas propias obsesións” (François Truffaut, Les films de ma vie, 1975).