Tormenta de verano
Marco Kreuzpaintner, 2004. 98’. Subt. Castelán. Entrada gratuíta.
SOMMERSTURM / TORMENTA DE VERANO
(Alemaña, 2004)
Dirección: Marco Kreuzpaintner. Guión: Tom Bahmann e Marco Kreuzpaintner, baseado nun argumento deste último. Produción: Uli Putz, Thomas Wöbke e Jakob Claussen. Fotografía: Daniel Gottschalk. Intérpretes: Robert Stadlober, Kostja Ullmann. Duración: 98 minutos.
Tobi e Achim son amigos desde hai anos, membros dun equipo de remo. Cando o flirteo de Achim con Sandra parece ir en serio, Tobi dáse de conta de que os seus sentimentos por Achim son máis profundos do que quixera admitir. Confuso e incómodo, chega a regata de verán e ameaza desatarse unha grande tormenta sobre o lago. Todo parece confabularse para que Tobi se enfronte sen medo á súa sexualidade e tome unha decisión.