Sesión Eloy Lozano
Eloy Lozano (1974-1994)
63’. Cine/vídeo. Entrada gratuíta.
RETORNO A TAGEN ATA
(España, 1974)
Dirección e guión: Eloy Lozano, sobre a narración homónima de Xosé Luis Méndez Ferrín. Produción: Praia Lenta Films. Fotografía: Tucho Rodríguez e A. Ballesteros. Intérpretes: Delfina Meire, José de Lage. Duración: 17 minutos.
Unha militante dunha organización clandestina no exilio retorna para contactar coa resistencia nun país carente de liberdades. Primeira curtametraxe rodada en Galicia en 35 mm. Con música de Pink Floyd e tomando como base a célebre narración literaria de Xosé Luis Méndez Ferrín.
OS OLEIROS
(España, 1975)
Dirección e guión: Eloy Lozano. Produción: Ana Fernández Puentes. Fotografía: Guillermo Santoro, Fernando del Río e Xoán C.F. Pulpeiro. Duración: 21 minutos.
Documental sobre artesáns fabricantes de cerámica popular galega.
EL CASTAÑO
(España, 1979)
Dirección, guión, produción e fotografía: Eloy Lozano. Duración: 11 minutos.
Documental didáctico sobre os castiñeiros rodado en 16 mm.
NUMERALIA
(España, 1988)
Dirección, guión e produción: Eloy Lozano. Duración: 3 minutos.
Videocreación con combinacións de cores e números en diversos planos.
ENTREVISTA
(España, 1994)
Dirección e guión: Eloy Lozano. Produción: Eloy Lozano Producións. Fotografía: Augusto Fernández Balbuena. Duración: 10 minutos.
Unha muller diríxese, a través dunha cidade populosa, á casa dun home que a está agardando. El móstrase remiso a identificarse e a que o vexan, iniciándose unha conversa tensa acerca do pasado da muller —a súa relación violenta co marido—, do que xa está liberada.