Le pont des arts
Eugène Green, 2004
126’. Subt. Galego.
LE PONT DES ARTS
(Francia, 2004)
Dirección e guión: Eugène Green. Produción: MACT Productions. Fotografía: Raphaël O´Byrne. Intérpretes: Adrien Michaux, Natacha Régnier. Duración: 126 minutos.
Pascal, mozo de Christine, entra nunha crise existencial que o leva ao intento de suicidio, cando decide abandonar a súa tese doutoral “Materialismo transcendente na obra de André Breton”. Green, entre outras cousas fundador en 1977 do Théâtre de la Sapience, mestura con refinamento e fascinación música, literatura, filosofía e reflexión estética en xeral enlazando clasicismo e modernidade e amosando o radical e novidoso da súa figura no cine contemporáneo, con outro filme de particular oralidade e hipnóticas interpretacións. Participante no Festival de Locarno.