Le monde vivant
Eugène Green, 2003
70’. Subt. Galego.
LE MONDE VIVANT
(Francia-Bélxica, 2003)
Dirección e guión: Eugène Green. Produción: AB3, Les Films du Fleuve e MACT Productions. Fotografía: Raphaël O’Byrne. Intérpretes: Christelle Prot, Alexis Loret, Adrien Michaux. Duración: 70 minutos.
Unha historia de resurrección, maxia e castelos que homenaxea con moito humor ao Bresson de Lancelot du Lac (1974). Música barroca, coidado extremo nos diálogos e atmosfera conseguida no relato dun ogro que rexeita a súa esposa pola comida vexetariana que lle fai ao tempo que se dispón a casar cunha doncela que ten custodiada nunha capela. Dous cabaleiros –en camisa e pantalón vaqueiro- van combater co monstro. Presentada na Quincena de Realizadores de Cannes 2003, obtén os premios FIPRESCI en Londres e o Gran Premio do IndieLisboa 2004.