
Wunder der Schöpfung
Hanns Walter Kornblum, 1925.
92’
WUNDER DER SCHÖPFUNG / OUR HEAVENLY BODIES
(Alemaña, 1925)
Dirección: Hanns Walter Kornblum. Guión: Hanns Walter Kornblum e Ernst Krieger. Produción: Colonna-Film GmbH e UFA. Intérpretes: Paul Bildt, Willy Kaiser-Heyl. Duración: 92 minutos.
Filme mudo alemán que constitúe unha auténtica lección ilustrada de astronomía. Aderezado por efectos especiais e segmentos de animación erixe unha festa narrada lúdica e chea de información que percorre a historia da astronomía e os seus descubrimentos e tópicos.