Le garçu
Maurice Pialat, 1995
102’. Subt. Galego
LE GARÇU
(Francia, 1995)
Dirección: Maurice Pialat. Guión: Sylvie Danton e Maurice Pialat. Produción: DD Productions, France 2 Cinema, Glem Production e PXP Productions. Fotografía: Jean-Claude Larrieu e Myriam Touzé. Intérpretes: Gerard Depardieu, Géraldine Pailhas, Antoine Pialat. Duración: 102 minutos.
Gérard quere coidar do seu fillo de catro anos, Antoine (interpretado polo fillo homónimo de Pialat), froito da súa unión con Sophie. A relación morre e Gérard vai vivir con Jeannot. A derradeira película de Pialat (que non chegou a montar) é de novo unha fermosa e terrible historia de sentimentos e dor, en palabras de Serge Toubiana, unha home movie autobiográfica en forma de pintura cubista que volve aos grandes temas do cineasta: o grupo de familia, a morte, a infancia.