Sous le soleil de Satan
Maurice Pialat, 1987
103’. Subt. Galego
SOUS LE SOLEIL DE SATAN
(Francia, 1987)
Dirección: Maurice Pialat. Guión: Maurice Pialat e Sylvia Danton, sobre a novela de Georges Bernanos. Produción: Erato Films, Films A2, Flash Films e Action Films. Fotografía: Willy Kurant. Intérpretes: Gerard Depardieu, Sandrine Bonnaire, Maurice Pialat. Duración: 103 minutos.
Palma de Ouro en Cannes para unha adaptación da novela de George Bernanos que describe a decadencia espiritual do cura Donissan, sometido a constantes mortificacións e acosado polo Mal, encarnado pola moza Mouchette e o propio Demo. Axudado polo deán Menou-Segrais, Donissan afronta unha auténtica traxedia metafísica neste filme complexo presidido por unha planificación medida e brillante.