Police
Maurice Pialat, 1985
113’. Subt. Galego
POLICE
(Francia, 1985)
Dirección: Maurice Pialat. Guión: Catherine Breillat, Jacques Fieschi, Sylvie Danton e Maurice Pialat, sobre unha idea orixinal de Catherine Breillat. Produción: Gaumont e TF1 Films Production. Fotografía: Luciano Tovoli. Intérpretes: Gerard Depardieu, Sophie Marceau, Sandrine Bonnaire. Duración: 113 minutos.
Mangin, un implacable inspector de policía intenta eliminar unha banda de narcotraficantes dirixida por un clan de irmáns magrebíes que traballan con cocaína en Marsella. A investigación implica a Nora, unha moza casada cun dos xefes da banda. A detención do marido de Nora, crea un vínculo de afecto entre Mangin e Nora. Prolongación do estimable subxénero policial (o chamado polar) francés –que denota o gusto do director polo cine popular- nunha narración depurada e seca que ofrece unha galería de magníficos retratos, unha sucesión de personaxes contraditorios, violentos e tenros. Premio ao mellor actor para Gerard Depardieu en Venecia 1985.