
Tout refleurit
Aurélien Gerbault, 2006.
77’. Vídeo. Subt. Castelán
TOUT REFLEURIT/ [TODO REFLORECIDO]
(Francia, 2006)
Dirección: Aurélien Gerbault. Produción: Qualia Films, coa colaboración do CNC. Fotografía: Frederic Serve. Duración: 77 minutos.
Documental sobre o proceso de traballo de Pedro Costa en Juventude em marcha (2006). Inclúe unha análise da súa traxectoria e testemuños de colaboradores e coñecedores da súa obra.