
YUKI & NINA
Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot, 2009
92´. Subtítulos en castelán.
YUKI ET NINA/ YUKI & NINA
(Francia-Xapón, 2009)
Dirección e guión: Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot. Produción: Comme des Cinémas e Les Films du Lendemain, en coprodución con Arte France Cinéma e Bitters End (Xapón). Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Noë Sampy, Arielle Moutel, Tsuyu, Hippolyte Girardot. Duración: 92 minutos.
Yuki, unha cativa de nove anos, descobre que seus pais se van separar. O pai é francés e a nai xaponesa. A idea é que Yuki vaia vivir a Xapón con súa nai, deixando atrás toda a súa vida en París, o que inclúe á súa amiga Nina. As dúas amigas farán plans para conseguir que os pais de Yuki volvan xuntos, mais a fuxida parece ser a única solución. Ambas ocultaranse no bosque. Obra mestra dos últimos meses que mestura dous talentos distintos e suxestivos, o realismo baseado na presenza humana e as súas relacións do xaponés Nobuhiro Suwa e a capacidade onírica do actor francés Hippolyte Girardot.