
HÔTEL DU NORD
Marcel Carné, 1938
110´. Subtítulos en galego.
HÔTEL DU NORD
(Francia, 1938)
Dirección: Marcel Carné. Guión: Jean Aurenche e Henri Jeanson, sobre a novela homónima de Eugène Dabit. Produción: SEDIF. Fotografía: Armand Thirard. Intérpretes: Annabella, Jean-Pierre Aumont, Arletty, Louis Jouvet. Duración: 110 minutos.
Colección de historias sentimentais e peripecias humanas no marco espacial dun hotel preto da parisiense estación do Norte que adapta con liberdade a novela homónima do que fora popular escritor comunista Eugène Dabit. Antigos gángsters, prostitutas, dous amantes aspirantes a suicidas, a propia historia do hotel (un negocio a punto de transformarse) subliñan unha trama máis pendente das emocións e próxima ao cine negro que dos aspectos sociopolíticos da novela de Dabit, reforzado polo excelente reparto (sobre todo Arletty e Louis Jouvet) e os decorados de Alexandre Trauner.